OLA PEQUES!
OLA FAMILIAS!
Como sabedes, xa deixamos Italia atrás, pero faltaban por rematar e levar unhas máscaras do entroido de Venecia.
Mirade que guapos e guapas estamos con elas
E entramos no entroido de Galicia.
Primeiro, imos ver o que trouxeron de información
Joel, trouxo os Felos de Maceda
María, unha recopilación de persoaxes do entroido na zona de Ourense: boteiros, pantallas, peliqueiros e cigarróns…E como é tempo de entroido, recibimos unha visita que nos contou ese mesmo conto. Quen será?
Veña, que pase!
É Bea, a nai de Lariña!
Contounos o conto: “É tempo de entroido”, onde as persoaxes do entroido galego van aparecendo e levan diferentes cousas para comer nestas datas, case todas relacionadas co cocido galego, aínda que hai algún larpeiro que tamén leva empanada, filloas, flores ou orellas de entroido.
E tamén escoitamos a canción
Que nos encanta
Agora, de entre todas esas persoaxes, imos recrear unha. O Galo da Mezquita!
Primeiro, un pouquiño de información
Era o momento de facer o noso galo, empregando papel de seda de cores, co que debiamos facer boliñas e pegalas no galo
Mirade algúns dos nosos galos
E Bea tamén trouxo unha cousiña para compartir con nós, que levamos para casiña, porque somos moi larpeiros tamén.
Moitísimas grazas, Bea. Volve cando queiras pola nosa clase, encántanos que veñas!
Agora imos facee un debuxo sobre o conto de “É tempo de entroido”
Que ben lles quedaron!
E chegou o entroido á clase!
E recibimos outra visita, quen será esta vez?
É Diego, o pai de Adrián!
Despois dun ratiño de charla, que faremos con el? Pois, para comezar, falar doutra persoaxe: os cigarróns
Imos ver un pouco de información deles
E, agora, é momento de pintar e decorar as nosas máscaras e mitras e tamén de… facer unhas chocas!
E tamén contamos coa axuda de David
Esas chocas quedaron tan ben feitiñas que quixemos enseñalas polo cole
Graciñas, Diego, pola túa visita. Encantounos. Volve cando queiras!
Tamén nos fixamos en que os peliqueiros e os cigarróns levaban lazos atados pola parte de diante. Nós tamén queremos
Tamén fixemos grafismo creativo relacionado co entroido. Coñecimos que o entroido significa “entrada de ano”, e que normalmente a xente festexaba que remataba o inverno e a escuridade. Por outra banda, disfrazábanse para escorrentar aos espíritos malignos.
Imos facer unhas máscaras empregando diferentes patróns
Imos pintar a mázcara e a mitra e, depois, decorala cun animal
Quen será desta vez? A ver…
É Liliana, a nai de Joel!
Pois como estamos en Galicia, imos facer unhas chapas chulísimas. Somos nós vestidos de galegos e galegas.
Quedaron chulísimas. Somos moi riquiños e riquiñas. Moitísimas grazas, Liliana, volve sempre que queiras!
Pero, Liliana antes de marchar, trouxo outra sorpresa, viñeron Juan, o papá de Joel, e Lara, a súa irmá pequeniña, da que quedamos todos e todas namorados/as. Non sabedes que cousiña máis bonita e que ben se portou!
E, nese mesmo día, outra sorpresa máis! Esta vez era a hixienista bucodental do centro de saúde que nos quixo visitar e explicar unhas cousiñas. Estivemos moi atentos/as en todo momento, facendo moitas aportacións e preguntas
- Seguiremos co entroido en Galicia un tempiño máis peeeero, imos compaxinalo con outra cousiña. Pista: que época chegou despois da caída do Imperio Romano? Agardamos as vosas aportacións.
- Temos en mente posibles obradoiros para facer na semana do entroido, como todos os anos. Queriamos que esa semana fose dedicada aos avós e avoas, igual que o ano pasado. A nosa idea é facer un obradoiro de pais/nais e despois outro(s) con avós e avoas. Xa temos algunha cousiña en mente, pero gustaríanos recibir propostas pola vosa parte de ideas para facer (tanto para vós como para os avós/avoas). E que, sobre todo, vos animedes e os/as animedes a participar.
Un saúdo e moitos bicos!
































































































































































































































































































































































No hay comentarios:
Publicar un comentario