CIAO ITALIA

 OLA PEQUES!

OLA FAMILIAS!

Esta entrada no blogue será un pouquiño diferente, xa que estamos cos 21 días co galego, pois farémolo en galego tamén.

Trouxeron unhas cousiñas moi interesantes das pegadas dos romanos en Galicia.

Lucía trouxo un debuxo da ponte da Cigarrosa

Andy unhas fotos da ponte de Sobradelo

E María un recopilarorio de cousiñas que foron deixando os romanos na nosa Comunidade
Imos ver nós algunhas desas cousiñas que foron deixando aquí

E agora toca facer a Ponte da Cigarrosa con plastilina







E seguimos en Italia

Lucía trouxo a Torre de Pisa


Moito lles gustou esta torre inclinada…
Joel tamén a trouxo debuxada

Pero agora imos coñecer novos lugares de Italia.

Comezamos con Pompeya, onde o volcán Vesubio cubriu todo de cinza

E uns días despois, Chloe trouxo uns debuxos sobre o que interpretou de Pompeya. Que marabilla!

Imos recrear o noso Vesubio empregando a técnica do sopro. Vertemos un pouquiño de pintura diluida en auga cunhas piñetas. As cores elexidas foron vermello, laranxa e amarelo. Despois, sopramos e sopramos con moitas ganas e… tachán! O Vesubio entrou en erupción.


















Tamén coñecimos Florencia e, nela, o David de Miguel Ángel

E tócanos recrealo







































Outra das cidades que nos quedaba por ver era Venecia. Alucinamos con que non hai estradas, hai canles. E empregan góndolas para moverse.


E co seu entroido quedamos marabillados/as

Lara trouxo unha máscara Veneciana


Agora tocábanos a nós facelas…



















Aínda están a secar, pero podemos ver algunhas…



E convertímonos en gondoleiros/as, mirade que arte


















Para rematar con Italia fixemos uns cantos xogos, de lóxico matemática, de atención, de lectoescritura e de creatividade. 

- Buscamos parellas de imaxes de pasta, pero un pouco especiais, unha das imaxes era unha miniatura e precisaba o emprego de lupas. Como auténticos detectives da pasta…















- Creamos pizzas con elementos soltos, deixando voar a imaxinación



















- Buscamos o volcán igual que o que temos na imaxe grande. Ollo, ás veces pensaban que o tiñan resolto pero non era así, había que prestar moita atención aos detalles. Tamén contamos albóndigas enriba dos espaguetis e marcamos o número correcto.
















- E xogamos co vocabulario. Tiñamos que compoñer as palabras das imaxes empregando sílabas. Despois, tiñamos que escribir a palabra enteira.















E celebramos o cumple de Leo, que xa ten seis aniños.

Primeiro, fixo a súa coroa


Así de guapo quedou

Despois, repartiu unhas ricas merendolas


















Disfrazámonos e bailamos todos xuntos/as























E rematamos cantando o cumpreanos feliz e soprando as velas.









Parabéns Leo, agardamos que sexas moi feliz e que todos os teus desexos se cumpran. Querémoste moito.

E tamén tivemos o cumpreanos de Alejandra. Menuda semana de festa! 

O primeiro foi facer a coroa, 

que lle quedou así de bonita

Despois tocaba repartir outra rica merenda















E disfrazarnos e bailar un montón!













Rematamos cantando e soprando as velas.








Parabéns, Alejandra, querémoste moito!

Tamén fixemos o préstamo de contos na biblioteca.














Esta semana despedímomos xa de Italia. ENCANTOUNOS. Agora ímonos centrar un pouco en Galicia e, sobre todo, no seu entroido, polo que si queredes/podedes aportar algo, benvido vai ser.


Un saúdo e moitos bicos! 






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NOS DESPEDIMOS

  ¡HOLA PEQUES! ¡HOLA FAMILIAS! Parece mentira que estos tres años hayan llegado a su fin y que esta sea nuestra última entrada en el blog y...